Actualidade
Podcast :: A Gruta de Gizamaluke (2×04)
Collemos de novo o micrófono. Charlie, Ana, Juan e Sara comentan a actualidade do mundo do videoxogo na Gruta de Gizamaluke.
De que falamos neste episodio?
- Repasamos a actualidade máis importante da última semana a través das novas máis relevantes: Novo prezo de PS Now, novos lanzamentos, novo Brain Age para Switch, a presenza de Light Revenge, o xogo saído do máster de videoxogos coruñés, na Madrid Games Week grazas as premios PS Talents… Entre outras cousas.
- Juan e Charlie esbardallan sobre Super Mario World.
- A que estamos a xogar? Repasiño aos xogos que nos fixeron gañar tempo —que non perder— estes días.
- Presta ou rosma. Cousas coas que gozamos, cousas coas que non.
Podes escoitar o programa nas seguintes opcións:
- Descargalo no noso Patreon —sempre estará os venres, dous días antes—
- Escoitalo en Ivoox
- Escoitalo en Spotify
- Escoitalo en iTunes
- Tamén en PontevedraViva