Podcast :: Así foi o 2019 que acaba

Podcast :: Así foi o 2019 que acaba

Sentáde e collede folgos. Este programa é longo, pero paga a pena. Charlie, Ana, Sara e Juan saen da Gruta de Gizamaluke para admirar e facer resumo de todo este ano que xa remata. Lembra que tamén está dispoñíbel en Spotify, en iTunes e dous días antes no noso Patreon.

Dura case tres horas e divídese nas seguintes seccións:

  • Introdución
  • Repaso do 2019, mes a mes
  • Os xogos que están por chegar no 2020
  • Decepcións que doeron (unhas máis que outras)
  • Lista de desexos para o ano que entra
  • A nosa lista dos xogos da década (2010-2019)

A realización deste especial grazas aos nosos patreons. A eles vai dedicado. Son grandes. Son xeniais. Somos eles.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.