Actualidade Pokémon Escarlata e Violeta, a novena xeración de Pokémon xa ten nome

Pokémon Escarlata e Violeta, a novena xeración de Pokémon xa ten nome

O Día de Pokémon foi todo un acontecemento. Quizais non pola celebración, mais si polo Pokémon Presents programado para a nomeada data, no que foi includo o anuncio de dous novos títulos da franquía principal. Pokémon Escarlata e Pokémon Púrpura serán as novas entregas que verán a luz en Nintendo Switch. Así é, xa temos a novena xeración confirmada.

Non hai moitos máis detalles, pero si é sabido que teremos que elixir entre tres Pokémon iniciais, planta, auga e lume; seguindo a tradición. Ademais, este primeiro adianto déixanos un breve percorrido da nova rexión na que transcorrerá a épica viaxe que realizaremos. Doutra banda, parece que herdará o apartado visual e as mecánicas do visto en Espada, Escudo e Arceus, cun amplo mundo aberto por percorrer. Quizais esta sexa a mestura que tantos anos foi demandada.

Curioso, tamén, está o feito de que semella que a nova aventura terá como escenario un mundo ideado a partir da Península Ibérica, pois pode ser localizado un mapa da mesma durante o tráiler. En Espada e Escudo, no referente ao seu mapa, os responsables dos títulos tomaron como inspiración a illa de Gran Bretaña.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.