Actualidade PS Now rebaixa o seu prezo á metade e engade catro novos xogos de PS4

PS Now rebaixa o seu prezo á metade e engade catro novos xogos de PS4

Sony non quere quedar atrás na carreira dos servizos de subscrición. PlayStation Now, a plataforma que ofrece para xogar en streaming, pasará a ter un prezo de 9,99 euros ao mes, a metade do que custaba até o de agora.

Por trimestre o prezo total alcanza os 24,99 euros, mentres que para o ano enteiro sitúase nos 59,99 euros. Na práctica, PlayStation Now sitúase agora como un dos servizos máis baratos da súa clase.

A cousa non acabaí. Esta rebaixa nos prezos non é a única novidade que ofrece a plataforma de xogo en streaming, xa que tamén anunciou a chegada de catro importantes videoxogos de PS4 para o catálogo da plataforma: God of War,  GTA V,  inFamous: Second Son e  Uncharted 4: O Desenlace do Ladrón.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.