Actualidade PUBG, un ano cun millón de xogadores diarios

PUBG, un ano cun millón de xogadores diarios

PlayerUnknown’s Battlegrounds (PUBG) segue pulverizando récords aínda sen estar no seu mellor momento. O xogo de Bluehole Studio saca peito fronte a Fortnite e demostra posuír unha saúde envexable.

Donos do xénero battle royale, PUBG e Fortnite encabezan todas as enquisas de xogos con máis usuarios na actualidade. Dúas bestas convertidas en fenómenos sociais a estas alturas.

Todo isto non é novo, pero o que si é novidade é un dato recentemente acadado polo título de Bluehole. PUBG vén de lograr a coroa de ser o único xogo da historia de Steam en contar con máis dun millón de xogadores diarios de media ao longo de todo un ano. Por suposto, é o primeiro que o logra, é que da boa conta da forte e leal comunidade que mantén baixo o seu paraugas. Non basta con ter moitos xogadores, o ideal, o obxectivo, e mantelos no tempo dun xeito tan regular e bestial coma o amosado aquí.

Na práctica, se afondamos na interpretación destes datos poderiamos intuír que pese ao éxito masivo de Fortnite, PUBG non chegou a notar unha perda masiva na súa media de xogadores. Aínda que nun principio algúns puideran probar o xogo de Epic Games, os números indican que conseguiu manter unha base solidísima de xogadores, a maiores dos novos que foron adquirindo o xogo. Lembremos que PUBG non é de balde.

Número de xogadores diarios ao longo do último ano en Steam.

As cifras fixéronse coñecidas esta mesma semana a través dun artigo de PCGamesN, a raíz dos datos recollidos por SteamDB. Outro dato de interese, podería vir dado polo pico máis alto de xogadores xamais rexistrado polo xogo de Bluehole: 3.257.248 de usuarios o pasado mes de xaneiro. Dará acadado algún récord máis?

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de carne
    • En: 11 de Setembro de 2018

    Eu son xogador de PUBG dende Maio de 2017, e xa nese momento, ainda que con pouco menos de 70.000 personas xogando e as grandes limitacións do xogo (non podías saltar muros, por exemplo), a idea era magnífica, e resultaba sumamente adictivo.
    Cando Fortnite saíu á palestra, resultou evidente o parecido que tiña co PUBG (que xa este tiña co H1Z1) pero apuntou a un público distinto, e contou con tres puntos que creo que foron clave para o éxito que está a ter:
    • É multiplataforma. Xa non tes que ter a misma consola que os teus amigos para poder xogar xuntos.
    • É gratis. Non perdes nada por probalo
    • Non hai sangue. Cando disparas a alguén saen estreliñas, ou globos, ou chispas. É máis doado que os país dos nenos lles deixen xogar a un xogo onde disparan alegría a personaxes de cores que a outro onde disparas armas reais a xente que sangra.
    Ademáis disto, está o Unreal Engine. Se és o creador dun motor gráfico, entendo que terás máis facilidades para exprimilo ó máximo (e trampealo). E se nese proceso podes pisar máis ó teu competidor (PUBG tamén utiliza UE) pois mellor.
    Con todo isto soamente quero decir que o mérito de PUBG é maior todavía, pese a cantidade de críticas (merecidísimas) que recibiu.
    Ahora PUBG lanzou una campaña chamada “FIX PUBG” facendo referencia ós múltiples mensaxes que plagaban Steam pedindo solucións, e xa están lanzando parches con máis frecuencia solventando problemas de base do xogo. Kudos por eles.
    Noutro orden de cousas. O PUBG no móbil vai moi ben. Sorprendentemente ben. Tencent vainos comer a todos.