Actualidade Remnant: From the Ashes tená lanzamento físico para PC e consolas

Remnant: From the Ashes tená lanzamento físico para PC e consolas

Dentro das sorpresas do 2019, Remmant: From the Ashes ten un oco de seu dentro dese particular podio. Até o de agora, a obra de Gunfire Games só estaba dispoñíbel en formato dixital, pero pronto haberá a opción de telo xunto ao resto de títulos favoritos no andel.

A través das súas redes sociais, THQ Nordic informou que materializará o videoxogo nun produto analóxico o próximo 17 de marzo, día na que se producirá o relanzamento en formato físico. Poderase comprar para todas as plataformas nas que xa existe, a saber: PC, PlayStation 4 e Xbox One. Terá un prezo de 39,99 euros.

E a versión de PC é un código ou inclúe un disco? En teoría, o community manager di que será ambas as dúas cousas, pero en consola só disco. Sexa como for, semella que as dúas opcións estarán dispoñíbeis en ordenador. Se aínda non o coñeces, Remmant: From the Ashes configúrase como un título de acción RPG, que bebe da fonte dos Souls, pero engade elementos de looter-shooter. Unha experiencia adictiva e bastante divertida a través de diversos niveis, escuros e perigosos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.