Actualidade Resident Evil Re:Verse atrásase ata verán

Resident Evil Re:Verse atrásase ata verán

Quizais Capcom escoitase as miles de opinións negativas sobre Resident Evil Re:Verse, pois a compañía xaponesa acaba de decidir que non o sacará con Resident Evil Village, senón que o atrasará ata este verán.

Por se non o coñeces, Verse trátase dun título multixogador independente, unha especie de spin-off, no que podemos manexar a diversos e emblemáticos personaxes da saga para que se disparen e leven sopapos entre eles. A idea parece tan tola como soa e o resultado, certamente, dista bastante do nivel de calidade ao que Capcom nos ten afeitos. Non é o mellor agasallo para celebrar o vixésimo quinto aniversario da saga, a verdade.

O dito: Residnet Evil: Verse queda sen data exacta e o vindeiro 7 de maio só teremos a opción de entrar no castelo de Lady Dimitrescu. Cousa bastante apetecible.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.