Actualidade Rockstar lanza un launcher de seu para PC co GTA San Andreas de regalo

Rockstar lanza un launcher de seu para PC co GTA San Andreas de regalo

Seguindo o exemplo doutras compañías como Electronic Arts, Bethesda ou Blizzard; Rockstar Games, a marca detrás de xigantes como Grand Theft Auto ou Red Dead Redemption presentou un launcher de seu para PC, no que venderá tamén os xogos que foi creando ao longo destes anos.

Xa dispoñíbel, para fomentar que os usuarios descarguen e instalen a plataforma, a compañía regalará unha copia dixital de GTA San Andreas. Aínda non xogaches a este clásico de PlayStation 2?

Segundo indica a descrición oficial, Rockstar Games Launcher permitirá gozar de xogos como todos os GTA —incluído GTA V—, Max Payne,  Bully ou L.A. Noire. Tamén deixará gardar as partidas na nube, así como de gozar de actualizacións automáticas e soporte en liña para todos os títulos.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.