Actualidade Sega abre un novo estudio no Xapón e seguirá a crear novas obras

Sega abre un novo estudio no Xapón e seguirá a crear novas obras

A finais de ano, Sega abriu as portas dun novo estudio no seu país de orixe. Xapón foi o territorio escollido para continuar o seu camiño na industria do videoxogo, en Sapporo, a prefectura de Hokkaido. Segundo o comentado pola propia compañía, estará centrado, fundamentalmente, no desenvolvemento de software, deeño de videoxogos, programación e control de bugs.

Na práctica, e seguindo o sinalado pola propia Sega, este estudio semella que será a súa segunda base de desenvolvemento no Xapón, e centrarase en títulos que apelen ao público internacional en xeral. Hokkaido é unha do oito prefecturas do país nipón, coñecida por ser un dos polos tecnolóxicos do país. O novo estudio será liderado por un veterano xa da empresa: Takaya Segawa, quen foi o produtor xefe en Phantasy Star Online 2.

Este ano, baixo o paraugas de Sega deberiamos ver chegar algunhas novidades ben interesantes como Bayonetta 3 e Sonic Rangers, ademais do port para Nintendo Switch do aclamado 13 Sentinels: Aegis Rim.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.