Actualidade Será necesario contar cunha subscrición a PS Plus para poder xogar Godfall en PS5

Será necesario contar cunha subscrición a PS Plus para poder xogar Godfall en PS5

Un dos primeiros títulos de Sony para a nova xeración será Godfall. O xogo de Counterplay Games acaba de desvelar que precisará conexión a internet para poder ser xogado en todos os seus modos. Este importante detalle creou certa confusión entre os seguidores do título.

Para resolver a dúbida, a conta de Twitter da obra contestou que, aínda que Godfall non está concibido como un xogo como servizo, si que necesitará unha conexión á Rede permanente. Desta forma, todos os xogadores necesitarán ter unha subscrición activa a PlayStation Plus para gozar do xogo para partir do 19 novembro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.