Actualidade Shump Collection traerá tres títulos shoot’em up a Nintendo Switch

Shump Collection traerá tres títulos shoot’em up a Nintendo Switch

Un novo recompilatorio para Nintendo Switch está en camiño. Shmup Collection, unha colección de títulos do xénero do shoot’em up que contará con diferentes modos de xogo e cuxo desenvolvemento está a cargo de Astro Port e Pixelheart. Armed Seven DX, Satazius Next e Wolflame é o trío de obras que compoñen este grupo que rememora a época dourada de compañías como Cave.

Todos eles foron lanzados con anterioridade en PC e para Dreamcast, contando os dous primeiros con mecánicas de scroll horizontal mentres que Wolflame mantén unha perspectiva de scroll vertical. Shmup Collection verá a luz na consola de Nintendo o próximo 15 de maio, tal e como se ha listaxe na Nintendo eShop.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.