Actualidade Sony actualiza as datas de varios exclusivos de PS5, como Project Athia o Kena

Sony actualiza as datas de varios exclusivos de PS5, como Project Athia o Kena

Sony actualizou e fixou diversas datas para varios dos exclusivos de PlayStation 5. O anuncio non se produciu de forma explícita ou a través dunha nota de prensa, senón que entrou case pola porta de atrás, na parte inferior dun dos seus últimos vídeos promocionais, proxectado durante a presentación da marca durante o CES 2021 que foi celebrado este xaneiro. Ofreceuse algo de información sobre Pragmata ou Project Athia, así como de outros títulos.

Seguindo a información publicada por Gematsu, a diapositiva final da presentación amosa novas datas para os xogos de PS5, incluído un aparente atraso nos plans de Capcom. Pragmata, a enigmática aventura de ciencia ficción anunciada nun inicio para 2022, está prevista agora para o ano 2023. Pola súa banda, o novo RPG de Square Enix, Project Athia, está agora previsto para xaneiro de 2022. Descoñeciamos a súa xanela de lanzamento.

Malia que non sexan datas moi concretas, si se matizaron as doutras obras, aínda que non sempre para ben. Por exemplo, Rachet & Clank: Rift Apart pasou da primeira metade de 2021 a, simplemente, 2021. O mesmo con Horizon: Forbidden West, que pasa de segunda metade do ano, a só 2021. Outros títulos como GhostWire Tokyo, Little Devil Inside, Stray ou Kena: Bridge of Spirits si concretan bastante máis. A continuación tes a listaxe completa:

  • Hitman III: enero de 2021
  • Returnal: 19 de marzo de 2021
  • Kena: Bridge of Spirits: marzo de 2021
  • Solar Ash: junio de 2021
  • Little Devil Inside: julio de 2021
  • Ghostwire: Tokyo: octubre de 2021
  • Stray: octubre de 2021
  • Ratchet & Clank: Rift Apart: 2021
  • Horizon: Forbidden West: 2021
  • Project Athia: enero de 2022
  • Pragmata: 2023
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.