Actualidade Sony confirma as primeiras apps para servicios de streaming dentro da PS5

Sony confirma as primeiras apps para servicios de streaming dentro da PS5

Que PlayStation 5 será máis que unha consola era algo sabido. Desde o primeiro modelo da familia PlayStation, Sony aproveitou para converter as súas máquinas en instrumentos que puidesen reproducir algo máis que videoxogos: cedés de música, películas, series… PlayStation 5 é filla do seu tempo, por iso, amais de ler os discos Blu-Ray, tamén contará con diversas aplicacións para servizos de streaming, algunhas delas desde o seu lanzamento.

A compañía xaponesa confirmou que desde o 19 de novembro, día da estrea da consola, as aplicacións para Netflix, Youtube, Twitch, Spotify, Apple TV+ e Disney+ poderán ser descargadas polos usuarios. Ademais, xa están a traballar na incorporación doutras como Amazon Prime Vídeo, Hulu, Peacock ou myCanal, que irán chegando aos poucos.

«Sabemos que moitos de vós non apagades a consola unha vez terminades de xogar, senón que ides máis aló. Entretemento, películas, programas de televisión, música e gameplays suman á experiencia de PlayStation 5», explica Phil Rosenberg, vicepresidente de partners globais e desenvolvemento.

Xunto con este último anuncio, Sony tamén presentou un mando a distancia para a consola, deseñado especialmente para o consumo destas aplicacións, con botóns de acceso directo a Netflix, Youtube ou Spotify. Non hai prezo do mesmo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.