Actualidade Splatoon 3 chegará este verán, malia non ter data concreta

Splatoon 3 chegará este verán, malia non ter data concreta

Nintendo mostrou a pasada noite, durante o último Nintendo Direct, o novo tráiler de Splatoon 3. Tamén ofreceron algo de información sobre o seu lanzamento: chegará este verán.

Neste nuevo adianto confírmase a volta de o Salmon Run, o modo multijugador cooperativo que estivo presente desde a segunda entrega da serie, agora co retrouso de Next Wave. Con todo, Nintendo non ofreceu máis información sobre o nuevo título, máis aló de que todo parece que seguirá un esquema moi similar ao que xa coñecemos en entregas pasadas.

O malo de todo isto é o de sempre, xa que o que é o verán pode durar até o 20 de setembro, polo que sería precipitado pensar que nas vacacións de agosto estaremos xa botando partidas no novo título. Mellor pensar mal, e mirar as portas do outono.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.