Actualidade Splinter Cell chegará ao mundo da televisión da man de Netflix

Splinter Cell chegará ao mundo da televisión da man de Netflix

O mundo cinematográfico e o dos videoxogos continúan ampliando unha relación con máis exemplos e parellas a cada ano que pasa. Nesta ocasión será o querido Sam Fisher o encargado de recibir unha adaptación para a pequena pantalla, concretamente na plataforma de Netflix.

Así o desvelaron fontes de Variety, as cales apuntan unha serie de animación que contará con dúas tempadas e un total de 16 episodios. Derek Kolstad será o encargado de escribir e producir a serie sobre a franquía de Ubisoft tras ser o guionista da saga de John Wick.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.