Square Enix presume de gráficos grazas ao bo facer do Luminous Engine

Square Enix presume de gráficos grazas ao bo facer do Luminous Engine

Luminous Engine é o motor gráfico que Square Enix usará para os seus vindeiros títulos, proxectos que xa apuntan á nova xeración de máquinas. En colaboración con Nvidia, a compañía xaponesa quixo amosar ao gran público as posibilidades desta tecnoloxía, así como o seu rendemento visual facendo uso do ray tracing. O resultado, certamente, é notorio.

Back Stage trátase dunha demostración simple pero eficaz, que busca conmover nun ambiente tranquilo, unha habitación coa iluminación adecuada e unha nova fronte ao espello. O realismo é evidente e o comportamento das sombras e as fontes de luz están moi ben representadas.

Luminous Productions é o equipo responsable de desenvolver esta tecnoloxía, formado a principios de 2018 por Square Enix baixo o mando de Takeshi Aramaki para traballar en Final Fantasy XV, obra que pese a ter certos defectos na súa formulación e un desenvolvemento draconiano, impresionou a todo boa parte dos xogadores polo seu impoñente apartado gráfico, do mellor que se puido ver nesta xeración. Seica pode alguén esquecer eses pratos de comida de aspecto inmellorábel?

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.