Actualidade Star Wars Battlefront 2 xa está gratis na Epic Games Store

Star Wars Battlefront 2 xa está gratis na Epic Games Store

Unha semana máis, a tenda Epic Games Store mantén a súa tradición de obsequiar cun xogo de balde aos seus usuarios. Cero sorpresas nesta ocasión, pois coñecemos que título toca desde hai sete días: Star Wars Battlefront II Celebration Edition é a obra que podemos descargar esta semana. Onde? Aquí mesmo.

Trátase do último xogo da franquía Battlefront, secuela editada en 2015, no que podemos combater no bando dos soldados imperiais, a Federación de Comercio, o exército clon ou os combatentes rebeldes. Ademais, coa versión que regala a EGS, a Celebration Edition, dáse acceso ao contido extra do Ascenso de Skywalker.

Non hai trampa nin cartón. Se adquires agora o xogo quedas con el para sempre.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.