Actualidade Steam anuncia o Festival de Xogos no que ver e probar as vindeiras novedades

Steam anuncia o Festival de Xogos no que ver e probar as vindeiras novedades

A crise sanitaria provocada pola expansión do coronavirus impide a numerosas compañías e organizacións presentar eventos de seu ao longo deste ano, mesmo cancelando varios. Este non será o caso de Valve, que celebrará unha feira dixital que permitirá probar e ver os próximos títulos do 2020, todo iso a través de Steam. O Festival de Xogos de Steam terá lugar entre o 9 e o 14 de xuño, datas programadas para o cancelado E3 deste ano.

Demos por tempo limitado, participación cos desenvolvedores dos xogos e videos con novo contido das súas obras serán algúns dos principais incentivos para sumarse a esta festa da industria. A primeira edición contou con 13 títulos mentres que a segunda acadou a cifra de 40. Algunhas das obras máis importantes que se agarda non falten á súa cita son Knights of Honor II, Iron Harvest ou Age of Empires IV, propostas que aproveitarán este escaparate fronte a ausencia de feiras tan importantes como o E3.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.