Actualidade Streets of Rage 4 presenta o DLC Mr. X Nightmare, que inclúe novos loitadores e modos de xogo

Streets of Rage 4 presenta o DLC Mr. X Nightmare, que inclúe novos loitadores e modos de xogo

Haberá que volver tomar as rúas. Dotemu acaba de anunciar que Streets of Rage 4 recibirá unha expansión antes de que acabe este ano.

Chámase Mr. X Nightmare, anunciando a presenza do mítico Mr. X, vilán principal dos tres primeiros títulos da franquía. Non virá só. O DLC tamén inclúe tres novos personaxes xogables e un modo supervivencia. A expansión estará dispoñíbel en todas as plataformas: PC, PlayStation, Xbox e Nintendo Switch.

Non hai unha data exacta para o lanzamento, mais  os resposnábeis do título fixaron unha ventá para a súa estrea ao longo do final do ano. Unha das novas loitadoras será a oficial Estel Aguirre, coa que poderemos tombar maleantes grazas ás súas veloces patadas.

Un último detalle. Tee Lopes, compositor da banda sonora de  Sonic Mania, será o encargado de crear a música do DLC, expandindo a experiencia sonora orixinal.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.