Actualidade Super Kickers League, un fútbol diferente con selo mallorquino

Super Kickers League, un fútbol diferente con selo mallorquino

Dende Mallorca, Xaloc Studios vén de presentar ao mundo o seu novo proxecto. Unha proposta de fútbol arcade co nome de Super Kickers League, e que chegará nos próximos meses a Nintendo Switch e PlayStation 4.

Super Kickers League ofrecerá multixogador local de até seis xogadores en Switch e catro na máquina de Sony.

O título deixase levar polar diversión a través dun apartado gráfico sinxelo pero vistoso, no que se enfrontan dous equipos nun tres para tres. Bebe das fontes doutros éxitos do xénero, como Super Mario Strikers ou Soccer Brawl. Terá tres modos diferentes de partida, contido desbloqueable, até dez equipos con habilidades especiais, logros e un multijugador local de seis xogadores (catro en PS4).

Aínda que no seu adianto audiovisual non se ofrece unha data de lanzamento exacta, semella que o seu estado de xestación está xa bastante avanzado.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.