Actualidade Super Mario 3D World chegará a Nintendo Switch con grandes novidades

Super Mario 3D World chegará a Nintendo Switch con grandes novidades

Un dos recompilatorios máis interesantes que se anunciou durante o evento sorpresa de Nintendo foi o Super Mario 3D World + Bowser’s Fury. Trátase dunha revisión do título de plataformas lanzado orixinalmente en Wii U, polo que as novidades que incluirá son bastante chamativas.

Un novo modo cooperativo en liña co que poder gozar dos diferentes niveis en compañía e a chegada dunha expansión da que por agora se descoñecen os seus detalles. Ademais, co lanzamento do xogo poderemos adquirir dous novos amiibo: Mario Felino e Peach Felina.

Super Mario 3D World + Bowser´s Fury chegará a Nintendo Switch o vindeiro 12 de febreiro do 2021.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.