Actualidade Super Mario Sunshine en Switch xa é compatible co mando de GameCube

Super Mario Sunshine en Switch xa é compatible co mando de GameCube

O prometido é débeda. Nintendo lanzou a actualización 1.1.0 de Super Mario 3D All-Stars, e as súas notas non amenten: poderemos xogar cun mando de GameCube a Super Mario Sunshine. O parche tamén inclúe a posibilidade de investir a cámara nos tres xogos que inclúe esta recompilación en formato trío, que recupera e dá unha nova vida a tres dos títulos máis coñecidos do fontaneiro, xunto con melloras no rendemento.

O mando de GameCube, se é que decidimos sacarlle o po, só poderá ser utilizado no modo TV, o que deriva nunha limitación clara: está reservado só para a Nintendo Switch normal, non a Lite. Por suposto, será preciso o adaptador que permite usar os controladores desta consola na híbrida, amais de que os botóns que aparezan en pantalla seguirán tendo a nomenclatura adaptada ao port.

Este parche está dispoñible desde o 16 de novembro, polo que abonda con descargar a nova actualización para ver os seus efectos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.