Actualidade Taiwán ficha unha versión para PC de Spyro Reignited Trilogy

Taiwán ficha unha versión para PC de Spyro Reignited Trilogy

Nun mundo globalizado, hai xente cun ollo en cada pequeno recuncho achando novas. Non é a primeira vez que un sistema de calificacións achega novidades sobre a posibilidade dunha nova adaptación ou versión dun xogo, por iso haberá que estar atentos á chegada de Spyro Reignited Trilogy para PC. O país que fichou este port foi Taiwán.

A triloxía orixinal do dragón morado recibiu un notable lavado de cara por parte de Toys for Bob, sendo lanzada en novembro por Activision. Despois desa exclusividade en PlayStation 4 e Xbox One, o seu salto á comunidade de PC simula ser case obrigado (igual que ocorreu coa revisión dos Crash Bandicoot). Iso si, da versión de Nintendo Switch non hai noticias, e iso que tamén apareceu listaxe hai algún tempo na tenda dixital de GameSpot.

Segundo esta especie de filtración, Iron Galaxy sería a empresa encargada desta conversión. O seu traballo con Crash Bandicoot N. Sane Trilogy avala o seu bo facer. É posible que pronto teñamos noticias oficiais sobre este asunto

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.