Actualidade The Last of Us Part II atrásase até maio de 2020

The Last of Us Part II atrásase até maio de 2020

Malas novas para os amantes de Naughty Dog. The Last of Us Part II non vai poder cumprir a súa data de lanzamento, fixada para o 21 de febreiro do ano que vén. O día que poderemos gozar da nova aventura de Ellie e compañía trasládase para tres meses máis tarde, o 29 de maio.

Así o confirmou o director do título, Neil Druckmann, a través dunha entrada no blogue de PlayStation. Nela, Druckmann sinala que «durante as últimas semanas, cando estabamos a pechar seccións do xogo, decatámonos de que non tiñamos o tempo suficiente para levar o xogo enteiro ao nivel de pulido que poderiamos chamar como calidade Naughty Dog».

O guionista do xogo lamenta non calcular os tempos de desenvolvemento xa que «o tamaño e o alcance deste xogo superáronnos». Por último, declara que «odiamos decepcionar aos nosos fans e sentímolo por iso».

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.