Actualidade The Outer Worlds para Switch adía o seu lanzamiento por mor do coronavirus

The Outer Worlds para Switch adía o seu lanzamiento por mor do coronavirus

Private Division, editora subsidiaria de 2K Games, anunciou que The Outer Worlds finalmente adía a súa chegada a Nintendo Switch de forma indefinida, pero si que contará cunha tarxeta física para o seu lanzamento. Todo iso debido a que Virtuos, a compañía encargada de realizar o port do título, viuse obrigada a pechar as súas oficinas centrais en China, por mor da expansión do coronavirus no país asiático.

A editora sinalou que grazas a esta decisión poderán «ofrecer o tempo suficiente para terminar o desenvolvemento». Nun principio, The Outer Worlds tiña programada a súa chegada o 6 de marzo, malia que algúns usuarios queixáronse, xa que a versión física do xogo tan só incluiría un código de descarga dixital. Grazas ao atraso, os cartuchos si que serán unha realidade, pois Nintendo terá máis tempo para crear as tarxetas, as cales se fabrican en Xapón.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.