Trinta anos despois teremos secuela de Flashback, o mítico plataformas de PC

Trinta anos despois teremos secuela de Flashback, o mítico plataformas de PC

Sorpresa inesperada, desde logo. Flashback, o mítico título de plataformas e acción do ano 92, terá unha continuación directa trinta anos despois da súa estrea. Nunca é tarde cando a dita é boa, non?

Protagonizado de novo por Conrad B. Hart, o título foi anunciado por Microids, a compañía francesa que se encargará do seu desenvolvemento e edición. Non hai data específica, se ben podemos agardar pola súa chegada para PC e consolas nalgún intre do 2022. En España, Meridiem Games será a distribuidora do xogo.  Paul Cuisset, creador orixinal de Flashback, tamén supervisará o proxecto.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.