Actualidade Ubisoft presenta Tom Clancy’s XDefiant, un FPS free-to-play

Ubisoft presenta Tom Clancy’s XDefiant, un FPS free-to-play

Ubisoft non perde unha festa, por mor disto non debería sorprender en exceso que tamén intenten estar presentes no mercado dos FPS. A compañía francesa presentou este luns 19 de xullo un shooter free to play co nome Tomy Clancy’s XDefiant, confirmando os rumores que levaban varias semanas circulando pola Rede.

Creado por Ubisoft San Francisco,  Tom Clancy’s XDefiant fará que entremos nunha loita de 6 contra 6 con catro faccións distintas e cinco tipos de personaxe que nos ofrecerán distintas habilidades para cada un deles. Haberá poderes, si, mais as armas serán o punto más importante e de maior relevancia dentro do xogo.

Non hai datos sobre cando chegará, pero si sabemos que o fará para PC, PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series e Stadia. Ademais do comentado, os responsábeis sinalaron que realizarán unha primera proba a partir do 5 de agosto, se ben esta primeira beta só estará aberta nos Estados Unidos e en Canadá.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.