Zona retro Un regalo en 4K polo aniversario de Metal Gear Solid

Un regalo en 4K polo aniversario de Metal Gear Solid

Subxectiva e obxectivamente, Metal Gear Solid foi un dos xogos que cambiou a historia da industria dos videoxogos. Aínda hoxe, os seus diálogos, a súa dobraxe e os seus personaxes retumban no subconsciente de toda unha xeración. Non é estraño, por tanto, que conte cunha das maiores e mellores comunidades de fans do mundo.

Por iso, non sorprende que un grupo de namorados do título de Hideo Kojima, encabezado por Erasmus Brosdau, acabe de estrear polo seu vinte aniversario unha recreación da introdución orixinal en resolución 4K.

Sacando partido e músculo ao Unreal Unginee 4, o resultado é simplemente espectacular. Directo á nostalxia e ás boas lembranzas que esperta a primeira e única aventura de Snake en PSX. Veremos algún día un remake de Metal Gear Solid? Tirando do título da cinta de James Bond: Nunca digas nunca xamais.

 

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.