Actualidade Un Tetris que lembra a loita polos Dereitos Humanos

Un Tetris que lembra a loita polos Dereitos Humanos

Outra fermosa iniciativa que sae de terras galegas. O Tetris dos Dereitos Humanos é un proxecto creado por integrantes de Enxeñeria Sen Fronteiras e parte do profesorado da Facultade de Informática da Universidade de Coruña. Contaron coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación. Os organismos citados apoiaron un proxecto de fin de grao que leva por título Deseño e implementación dun videoxogo no ámbito dos dereitos humanos baseado en ferramentas libres.

O xogo, feito a través de software libre, así como a súa publicación cunha licenza libre, aposta por ensinar unha experiencia divertida sen esquecer a mensaxe que trata de transmitir, motivando e estimulando a aprendizaxe. Este Tetris dos Dereitos Humanos busca sensibilizar e impulsar valores positivos para a sociedade.

Como é este Tetris? Pois case como o orixinal, mudando as cores para diferenciar os distintos servizos básicos relacionados cun dereito fundamental. Os tetriminos están representandos, pero tamén pezas personalizadas, novas, que permiten unha maior ou menor complexidade segundo o aspecto da xestión ou acceso ao dereito humano que represente. Asemade, aparecerán en pantalla pequenas informacións en texto relacionadas con cada tipo de peza. Hai, como non podía ser doutro xeito, diferentes tipos de dificultade, sendo cada nivel un país do mundo. Polo momento, están dispoñíbeis España e Honduras. Segundo os dereitos humanos de cada territorio, a dificultade aumentará ou disminuirá.

Se queres xogar, aquí tes a ligazón correspondente. Proba, que non morde.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.