Actualidade Unha simple mensaxe pode bloquear a túa PS4

Unha simple mensaxe pode bloquear a túa PS4

Non é unha esaxeración nin unha broma. Un novo fallo de seguridade en PlayStation 4 está facendo soar as alarmas a nivel mundial. Só tes que abrir un sinxelo mensaxe privado para bloquear a consola de Sony. Por sorte, a solución para que a consola funcione de novo non pasa só por restaurala.

Ao longo dos últimos días numerosos usuarios informaron que as súas consolas perderan case tódalas funcións tras recibir unha estraña mensaxe a través da PlayStation Network. Soaba á típica cadea sen veracidade, pero a propia Sony saíu rapidamente a explicar que a mensaxe era real e que si que podía supoñer certos riscos.

Que facer para evitar o “virus”? Primeiramente, calquera usuario pode rescindir que un descoñecido poida enviarlle mensaxes a través do servizo en liña de Sony, polo que bastaría con facer este paso. Ollo!, non vaia ser que un amigo teña ganas de gastarche a “broma” igualmente. Como o fago? Este axuste podes facelo a través de Xestión de conta/Axustes de privacidade, ou a través da páxina oficial en Información – Persoal/Mensaxes.

No caso de ter a túa PS4 bloqueada, basta con eliminar temporalmente a conta do servizo dende o apartado Xestión de usuarios, aínda que esta operación provoca a perda de datos gardados (capturas, vídeos…) no disco duro da máquina de Sony. Outra das posibilidades é reiniciar a consola en modo seguro. Para esta opción tan só hai que pulsar o botón de inicio durante varias segundos.

Outra das opcións válidas é a seguinte: se sospeitas que recibiches a mensaxe (aparece cun símbolo de interrogación na lista de correo) podes usar a aplicación móbil de PlayStation Messages para borrala. Tanto Android coma iOS téñena.  Grazas a esta ferramenta poderás borrar o contido da túa caixa de correo sen perigo algún para a consola.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.