Actualidade Untitled Goose Game recibirá un modo cooperativo en setembro

Untitled Goose Game recibirá un modo cooperativo en setembro

Un dos xogos con máis carisma do 2019 foi Untitled Goose Game. O título que nos poñía aos mandos dun simpático ganso recibirá un modo cooperativo para dous xogadores o 23 de setembro, grazas a unha actualización de balde.

Malia que o anuncio foi realizado no marco do Indie World de onte, o resto de plataformas tamén sairán beneficiadas deste engadido; será o mesmo día no que o xogo chegará a Steam após a fin da súa exclusividade con Epic Games Store. Doutra banda, os amantes do formato físico están de sorte, pois paga a pena lembrar que o xogo recibirá un lanzamento desta clase nunha data aínda sen concretar.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.