Actualidade Vai pasando o inverno :: Principais lanzamentos de febreiro

Vai pasando o inverno :: Principais lanzamentos de febreiro

O ano avanza e como é habitual aquí deixamos unha breve listaxe con algúns do principais lanzamento que se procudirán en febreiro. Alén de enormes novidades, prevese un mes tranquilo; porén, chegará a versión 1.0 de Dreams para PlayStation 4, que fará as delicias dos creadores de mundos dixitais.

Fire Emblen: Three Houses recibirá o seu DLC Cindered Shadows, namentres Darksiders Genesis aterrará en consolas após a súa estrea en PC. Se es dos que goza coa xestión e aínda non provaches Two Point Hospital, agora tamén poderás facelo en en playStation e Nintendo Switch.

Data de lanzamento Juego Sistemas
4 de febreiro The Dark Crystal: Age of Resistance Tactics PS4, Xbox One, Switch, PC
4 de febreiro Zombie Army 4: Dead War PS4, Xbox One, PC
11 de febreiro Yakuza 5 PS4
 13 de febreiro Fire Emblem: Three Houses – Cindered Shadows DLC Switch
14 de febreiro Darksiders Genesis PS4, Xbox One, Switch
14 de febreiro Dreams PS4
14 de febreiro Street Fighter V: Champion Edition PS4, PC
18 de febreiro Bayonetta & Vanquish 10th Anniversary Bundle PS4, Xbox
20 de febreiro Devil May Cry 3: Special Edition Switch
20 de febreiro Under Night In-Birth Exe:Late[cl-r] PS4, Switch
25 de febreiro Mega Man Zero/ZX Legacy Collection PS4, Xbox One, Switch, PC
25 de febreiro Two Point Hospital PS4, Switch
28 de febreiro One Punch Man: A Hero Nobody Knows PS4, Xbox One, PC
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.