Volve a maxia, chega a demo de Final Fantasy VII Remake
Apenas un mes sepáranos de volver revivir as nosas aventuras por Midgar. Agora, Square Enix decidiu lanzar hoxe mesmo a demo de Final Fantasy VII Remake na PlayStation Store e cun tamaño aproximado de 8 GB. Trátase da mesma demo que se puido probar durante a Tokyo Game Show. Estará subtitulada ao castelán.
Durante a partida poderemos xogar ao primeiro capitulo do xogo, é dicir, a misión de asalto ao reactor Mako Nº1 da man de Cloud, Barret e o resto de compañía. Polo tanto, non se revelan puntos importantes da trama, pero si achega unha boa mostra do combate, trasladándoo ao RPG de acción en tempo real e abandonando o característico combate por quendas da saga.
Trinta minutos de duración ten esta demo e cuxo progreso non se poderá trasladar á versión definitiva do título, xa que a compañía xaponesa asegura que o visto durante esta demostración pode diferir do xogo que chegue ás tendas.
We've just released the free #FinalFantasy VII Remake demo on PlayStation Store.
What are you waiting for? Download it now and experience the beginning of the story for yourself! #FF7R
? https://t.co/Gi4onqN0Cb pic.twitter.com/rX0ELUINHO
— FINAL FANTASY VII REMAKE (@finalfantasyvii) March 2, 2020