Actualidade Where Winds Meet, o mundo aberto de Everstone Studio, aparece na Gamescom

Where Winds Meet, o mundo aberto de Everstone Studio, aparece na Gamescom

Unha das sorpresas que deixou a Opening Night Live da Gamescom foi Where Winds Meet, do estudio chinés Everstone. Por que? Sobran motivos, pero por dicir dous: estética e ambición.

Where Winds Meet é un RPG de acción de mundo aberto, que inclúe mecánicas diversas coma o sixilo e a exploración. O seu relato quere facernos entrar dentro da pel dun hábil espadachín que vive na era da Dinastía Song do Norte, unha época de guerra e conflito, na que deberemos elexir «entre honrar o código moral para protexer inocentes e loitar pola xustiza», di o comunicado oficial. «ou loitar por nós mesmos e facer que a terra entre en risco de caos e caída».

Artes marciais, espadas, combate corpo a corpo, armas a distancia, habilidades especiais… Semella que teremos batallas áxiles e diferentes, con opcións á hora de crear un estilo propio. Por haber até hai construción, con máis de 600 pezas para crear estruturas no mundo do xogo.

Saída? Sen data e sen plataformas; como é habitual nestes casos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.