Actualidade Xa está dispoñíbel a demo de Little Nightmares 2 en Steam

Xa está dispoñíbel a demo de Little Nightmares 2 en Steam

Queres probar e ver como será Little Nightmares 2 antes do seu lanzamento? Xa é posible. A compañía responsable da súa xestación acaba de publicar unha demo para Steam.

O avance de Tarsier Studios leva por nome Wilderness, e déixanos entrar na pel de Mono. Little Nightmares II é unha secuela moi esperada, sobre todo após o enorme éxito que logrou o título orixinal, vendendo máis dun millón de copias. Distribuído por Bandai Namco, o seu lanzamento oficial está fixado para o 11 de febreiro de 2021 en todas as plataformas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.