Actualidade Xbox Series X :: O futuro de Microsoft ten forma de torre

Xbox Series X :: O futuro de Microsoft ten forma de torre

De súpeto, sen avisar, como tiña de ser. Microsoft sorprendeu ao mundo nos Game Awards co primeiro anuncio real e material da súa nova consola. O famoso Project Scarlett acabou por ser Xbox Series X, unha máquina con forma de torre que ben podería semellarse a unha torre de PC de pequeno tamaño.

Un deseño moderno para unha consola coa que a compañía americana quere recuperar unha posición que lle foi negada esta xeración, após unha serie de problemas internos e decisións non moi acertadas. Agora ten a vantaxe. Xbox Series X xa se deixou ver e reta a Sony a mostrar o seu. Canto tardará?

Aquí podes ver o seu vídeo de presentación:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] movemento inesperado amosaba ao mundo, por primeira vez, a súa nova máquina, a súa nova consola. Xbox Series X é a chave de Microsoft para a nova xeración. Non mostrou demasiados detalles internos, dos que xa se coñecen varios, pero si o seu aspecto […]