Actualidade Xbox Series X|S elévase como a estrea máis exitosa da historia de Microsoft

Xbox Series X|S elévase como a estrea máis exitosa da historia de Microsoft

Phil Spencer quixo presumir do éxito inicial das súas novas consolas. O director da marca Xbox non ocultou a súa alegría nin a súa felicidade pasadas as 24 horas desde a chegada da consolas ás tendas: é o sistema de Microsoft que máis rápido vendeu no seu primeiro día.

«Moitas grazas por apoiar o lanzamento máis grande na historia de Xbox. Estamos a traballar coas tendas para reabastecelas canto antes. Seguides demostrándonos que o poder de conexión do xogo é máis importante que nunca», explica no seu chío o director da compañía.

Non, aínda non hai cifras concretas, emporiso, os dous últimos días foron máis que importantes dentro da industria do videoxogo ao comezarmos oficialmente a nova xeración. PlayStation 5 tamén inicia hoxe o seu camiño en varios países, malia que en Europa o seu lanzamento non está programado até dentro dunha semana.

Sexa como for, a consola de Microsoft recibiu diversos eloxios e boas críticas dentro da prensa especializada, destacando a comodidade do Xbox Game Pass e o ofrecemento de poder comprar unha consola cunha biblioteca de xogos sombrosa desde o minuto un.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.