Actualidade Yoshinori Ono abandona Capcom após 30 anos de traballo na saga Street Fighter

Yoshinori Ono abandona Capcom após 30 anos de traballo na saga Street Fighter

Case tres décadas como unha das caras máis recoñecíbeis dunha das grandes franquías de Capcom. Yoshinori Ono abandona o seu posto como produtor executivo da saga Street Figther, tal e como anunciou hai unha horas a través da súa conta de Twitter. A súa mensaxe na rede social está chea de agradecementos para os seus compañeiros de traballo e tamén lembra ese título de loita que lle acompañou durante tantos anos.

Aínda que os motivos desta marcha non foron declarado, medios como VGC apuntan a que Yoshinori Ono podería ter unha serie de discusións e discrepancias con Capcom respecto da dirección que estivo tomando Street Fighter nas últimas entregas, feito que ben podería ser recollido nas opinións dos usuarios.  Sexa como for, o produtor desexoulle sorte ao equipo desenvolvedor do xogo xa que «creo que seguirá facendo que Street Fighter sexa extraordinario».

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.