Actualidade YouTube Gaming poderá emitir en exclusiva os torneos oficiais de Activision Blizzard

YouTube Gaming poderá emitir en exclusiva os torneos oficiais de Activision Blizzard

Segundo Gamasutra, Activision Blizzard e Google veñen de asinar un acordo comercial no que Youtube Gaming pasaría a ser a única plataforma de retransmisión oficial para as diversas competicións en liña que programa a compañía de videoxogos americana. Call of Duty League —iniciada o pasado venres— e a nova tempada de Overwatch League, que se inicia o 8 de febreiro, só estarán dispoñíbeis na páxina de Google. O mesmo para os eventos oficiais de Hearthstone.

Trátase dun acordo máis que interesante para Google, que nos últimos viu como diversos creadores de contido así como outras competicións de deportes electrónicos gañaban relevancia en Twitch. Non é ningún segredo, Google agora tamén é unha compañía activa dentro da industria do videoxogo grazas a Stadia.

Ademais dos acordo con Youtube, o xigante tecnolóxico xa ofreceu a diversos estudios o uso da Google Cloud, amais doutras ferramentas tecnolóxicas que posúe. Activision Blizzard, segundo o comunicado do medio anglosaxón, tamén amoasou un elevado interese no acordo por mor destes motivos.

Sen cifras oficiais, Activision Blizzard asinou un convenio moi parecido con Twitch no ano 2018. Naquela ocasión, a exclusividade custoulle á plataforma violeta preto de 90 millóns de dólares.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.