Actualidade God of War Ragnarök chegará este ano, o 9 de novembro

God of War Ragnarök chegará este ano, o 9 de novembro

Sony volve facer das súas, ou PlayStation, vaia, e deixa para unha simple nota de prensa o que ben podería ser toda unha retransmisión —temos visto algunhas por menos—. Así é, temos data para God of War Ragnarök e temos novas imaxes.

O título de Santa Monica Studio chegará o 9 de novembro deste mesmo ano. Kratos e Atreus volven ser os protagonistas do novo avance que podes ver a continuación.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.