Godfall aterrará en agosto en PS4 e ofrecerá xogo cruzado con PS5

Gearbox aproveitou o seu tempo no E3 para falar do seu looter shooter. Godfall, que fixo a súa aparición en PlayStation 5 coa saída da consola, tamén poderá ser xogado en PlayStation 4 antes de rematarmos o verán.
Doutra banda, o 10 de agosto, o xogo actualizarase en PC e PS5, ofrecendo novo contido de forma gratuíta. Coa chegada da Lightbringer Update engadirase un endgame, ademais dunha enorme cantidade de botín e cosméticos para incentivar aos xogadores a seguir xogando. Ademais, a expansión Fire & Darkness estenderá os contidos do propio Godfall ao presentarlles os xogadores o Reino do Lume, onde habitan novos inimigos.
Para rematar a faena, Gearbox confirmou que permitirá o xogo cruzado nos dous sistemas de Sony, PS5 e PS4, prometendo un multixogador en liña fluído e práctico. Así, a beta do matchmaking de Godfall tamén será este mesmo verán.