GOG anula o lanzamento de Devotion horas despois de publicalo

CD Projekt está a vivir o seu particular inferno de polémicas e promesas incumpridas esta semana. Após o lanzamento ao mercado dun Cyberpunk 2077 necesitado de pulido, a firma polaca suma unha nova polémica a través da súa tenda dixital, GOG.com.
Hai unhas horas a conta oficial de Twitter servía de altofalante para anunciar a chegada de Devotion, xogo de terror independente, obxecto de críticas desde China pola aparición dun meme sobre o presidente chinés Xi Jinping. Os creadores do título, o estudo taiwanés Red Candle Games, pediu desculpas por aquel episodio, mais pouco despois o xogo desapareceu de Steam. A plataforma de Valve falou de problemas técnicos e nunca máis habilitou a súa compra.
Earlier today, it was announced that the game Devotion is coming to GOG. After receiving many messages from gamers, we have decided not to list the game in our store.
— GOG.COM (@GOGcom) December 16, 2020
Perante esta situación, GOG presentouse como a única alternativa para mercamos Devotion, pero ao final o servizo de compra de videoxogos polaco tamén decidiu non ceder o seu espazo ao xogo taiwanés, debido «á indignación dos xogadores». Meses despois da súa desaparición en Steam, hoxe tamén desapareceu da plataforma de CD Projekt. Apenas durou un suspiro.