"> GOG inicia as súas rebaixas de invierno regalando Wasteland 2 – Revista Morcego
Actualidade GOG inicia as súas rebaixas de invierno regalando Wasteland 2

GOG inicia as súas rebaixas de invierno regalando Wasteland 2

A plataforma dixital de venda de videoxogos de CD Projekt iniciou un novo período de rebaixas. As ofertas durarán até o 2 de xaneiro e inclúen máis de 2.500 descontos, algúns bastante tentadores.

Destaca, por exemplo, a Ultimate RED Collection con todos os títulos publicados polos polacos, incluíndo o futuro Cyberpunk 2077, por 88 euros. Recomedábel non, o seguinte.

Ademais, para celebrar o inicio destas promocións, GOG regalará durante 48 horas o Wasteland 2 Director’s Cut Digital Deluxe Edition, que inclúe como extra o título original de 1988.

Outras ofertas?

Hellblade: Senua’s Sacrifice :: 66 % de desconto

Divinity: Original Sin 2 – Definitive Edition :: 45 % de desconto

A Plague Tale: Innocence :: 50 % de desconto

Outward :: 60 % de desconto

Children of Morta :: 25 % de desconto

Vampyr :: 65 % de desconto

Frostpunk :: 30 % de desconto

Stellaris :: 75 % de desconto

GreedFall :: 25 % de desconto

Ashen :: 20 % de desconto

A Ultimate RED Collection inclúe todos os títulos da compañía polaca publicados até o de agora.

 

 

 

 

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.