Google Play Pass anuncia a súa chegada a novos territorios esta semana
Un dos servizos máis importantes de Google na industria dos videoxogos chegará ao longo desta semana a España. Google Play Pass é a proposta da compañía estadounidense para adquirir un acceso a numerosas aplicacións e xogos, sen ningún tipo de contrato de exclusividade como é o caso de Apple Arcade.
A subscrición chegará a España, Alemaña, Australia, Francia, Irlanda, Canadá, Italia, Reino Unido e Nova Zelanda por primeira vez, xa que desde o seu anuncio en setembro do ano pasado, tan só estaba dispoñíbel en Estados Unidos. Alén disto, cinco novos títulos estarán incluídos no catálogo de lanzamento nestes territorios como The Gardens Between, Bright Paw, Kingdom Rush, The Almost Gone e Line Weight.
Google Play Pass posúe dous tipos de tarifas: 4,99 euros ao mes e unha nova opción de formato anual por un total de 29,99 euros.