Google Stadia fixa a súa data de arrinque: o 19 de novembro

Google fíxoo oficial. Stadia estará dispoñíbel o 19 de novembro ás 18 horas. Até agora, só estaba confirmado o mes no que arrincaría a súa aposta polo xogo na nube.
A versión, ou o servizo, que estará á disposición dos usuarios será o de Stadia Pro, unha subscrición mensual de 9,99 euros. Para a de balde, limitada a 1080p, haberá que esperar ao vindeiro ano.
Mark your calendars! Stadia will start arriving November 19.
Need a quick guide on what exactly Stadia is? We got you covered. Become an expert in all things Stadia just in time for launch. pic.twitter.com/iwbCQiJ0CH
— Stadia (@GoogleStadia) October 15, 2019
No novo vídeo publicado polo xigante tecnolóxico pódense ver imaxes da interface da plataforma, así como o seu funcionamento en distintos dispositivos. Paga a pena lembrar que en Stadia poderás xogar en calquera Smart TV, teléfono ou navegador Chrome.
Para xogar en PC, non será preciso ter ningún dispositivo especial, tampouco o controlador oficial. Google sempre mantivo que os xogadores poderán utilizar o seu teclado e o seu rato. Para poder gozar da resolución 4K, precisaremos, como mínimo, unha conexión que permita velocidades de baixada de 35 Mbps, aínda que o vídeo en HDR pode ser gozado desde conexións de 20 Mbps a 1080p.