Google Stadia presenta os 12 xogos que terá de lanzamento

Curiosidade e atención. Dous substantivos que ben poderían definir as sensacións espertadas por Stadia, a plataforma de xogo por streaming de Google que se estreará o vindeiro 19 de novembro, xusto unha semana. A compañía fixo pública a listaxe de obras coas que inaugurará o servizo, un total de doce:
- Red Dead Redemption 2
- Shamurai Shodown
- Gylt
- Assassin’s Creed Odyssey
- Destiny 2
- Just Dance 2
- Mortal Kombat 11
- Thumper
- Tomb Raider
- Rise of the Tomb Raider
- Shadow of the Tomb Raider
Segundo o recollido no anuncio oficial, ao longo dos meses que quedan de 2019 incorporaríanse ao seu catálogo un total de 26 títulos, tanto para ser mercados como para ser xogados directamente. Destiny 2, por exemplo, estará incluído co servizo de subscrición Stadia Pro. Entre esas obras que están por chegar figuran Borderlands 3, Farming Simulator 19, Final Fantasy XV, Football Manager 20, Darksiders Genesis, GRID, Metro Exodus, Rage 2 ou Ghot Reacon Breakpoint, entre outras.
Doutra banda, o xigante tecnolóxico lembra que tamén chegarán obras moi esperadas, como DOOM Eternal ou Cyberpunk 2077 durante o próximo ano. Tamén títulos exclusivos. Á marxe dos xogos que vaian aparecendo no seu catálogo, a maior cuestión sobre Stadia figura en como se moverán estes xogos e os posíbeis problemas de latencia ou visualización que poidan presentar no seu debut. Polo momento, sábese que o servizo comezará con certas limitacións, como a compatibilidade reducida.
[…] O periodista Geoff Keighley, coñecido pola súa actividade detrás dos Game Awards, anunciou na súa conta de Twitter que Stadia, a plataforma de xogo na nube de Google, terá máis títulos que os doce anunciados hai uns días. […]