Gotham Knights desvela a súa data de lanzamento, o 25 de outubro

Ademais de Suicide Squad: Kill the Justice League, Warner Bros. ten preparado o seu contrapunto herórico con Gotham Knights, título de acción que xa conta cunha data de lanzamento oficial: chegará o próximo 25 de outubro a PS5, PS4, Xbox Series X|S, Xbox One e PC.
A nova marca no calendario chega logo dun atraso no que se adiou o seu lanzamento para este ano —estaba previsto para 2021, pero a pandemia…— e será este 2022 o momento de poder entrar na mítica cidade de Batman cun grupo novo de heroes. Robin, Batgirl, Nightwing e Red Hood conforman o cuarteto principal desta aventura co que impartiremos xustiza polas rúas de Gotham.
Por se non o lembras, Gotham Knights é un xogo de rol de mundo aberto onde cada personaxe ten o seu propio estilo de xogo e habilidades, como Robin, que pode teletransportarse a través do satélite da liga da Xustiza. Malia que podeserá ser xogado en solitario, o título tamén contará cun modo multixogador cooperativo para dous usuarios, no que o segundo pode entrar e saír en calquera momento sen afectar o outro. Durante o día, habitaremos o Campanario, que actúa como base de operacións do equipo e permítelles aos xogadores cambiar de personaxe e prepararse para a seguinte misión xestionando a progresión. Ao aír do Campanario, o xogo adiantarase até a noite.