Gothic recibirá un remake para PC e consolas de nova xeración

Un título da vella garda chegará á nova xeración. É Gothic Remake, unha versión nova de o título de rol que creou Piranha Bytes en 2001, e será publicado tanto en PC como nas consolas PS5 e Xbox Series X. Así o confirmou THQ Nordic, que tamén anunciou que o encargado de realizar este proxecto será un novo estudio cuxa sede estará en Barcelona.
«Estamos listos para o desafío de desenvolver un remake de Gothic que sexa o máis fiel posíbel á experiencia orixinal, cunha aparencia de alta calidade e modernizando coidadosamente certas mecánicas de xogo», comentan desde THQ Nordic. Este anuncio chega despois de que unha proba xogábel fora publicada en Steam o pasado 13 de decembro, co obxectivo de coñecer as sensacións e desexos dos xogadores sobre Gothic Remake.
A paciencia será fundamental até a chegada do título, xa que se confirmou que non se lanzará neste 2020, polo que haberá que agardar para coñecer unha data definitiva.