Actualidade GreedFall, a sorpresa en forma de rol, xa está nas tendas

GreedFall, a sorpresa en forma de rol, xa está nas tendas

GreedFall, defínese por ser un título de rol de fantasía desenvolto por Spiders Studio en asociación con Focus Home Interactive. A súa ambiciosa proposta, que podería cheegar a definirse como un xogo AA, é a de vivir e procurar unha viaxe épica nun mundo novo. Desde hoxe estará dispoñíbel en PlayStation 4, Xbox One e PC.

«A misteriosa e máxica illa de Teer Fradee asómase no horizonte, un faro de esperanza para a súa patria infestada de enfermidades. As relacións incómodas ferven entre as moitas faccións da illa, tanto colonos como nativos, a medida que chegas como diplomático e buscas unha cura», recolle a súa sinopse oficial.

A obra de Spiders Studio colleu con certa sorpresa á comunidade debido á súa alta calidade, seguindo o ronsel de estudios e xogos máis veteranos no xénero, como BioWare e os seus Dragon Age. En xeral, os medios especializados están a lle outorgar unha notas próximas ou superando o notable, o que o poderían converter o xogo nunha opción máis que apetecíbel para os amantes do xénero RPG.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.