GRIME amosa o seu frenético combate nun novo adianto

Clover Bite continúa traballando en GRIME, a súa vindeira obra, cuxo apartado artístico e xogabilidade inspirada na saga Souls son os seus principais atractivos. Definido como un título de acción e aventuras 2D cun ritmo frenético, a nosa tarefa consistirá en eliminar aos inimigos con armas que posúen vida, capaces de mutar e cambiar de forma.
Ademais, a capacidade de consumir os restos dos adversarios permitiranos fortalecer as nosas habilidades para afrontar os perigos futuros. A variedade de armas á nosa disposición é ampla: desde unha espada con garras ata un látigo ciempiés. Incluso o percorrido que realicemos dependerá das habilidades que escollamos.
GRIME chegará no 2021 a PC e ao resto de plataformas nunha data aínda por determinar.